Acordo de acción
Do 13 ao 16 de Maio, nós, unidos/as con moitos/as máis, levaremos a cabo accións de desobediencia civil co obxecto de interromper os ‘negocios como de costume’ nunha mina de lignito ao descuberto nos xacementos de Lusacia. Mediante a nosa presenza á beira e dentro da mina, nas cintas transportadoras, na entrada ao redor e enriba das escavadoras e infraestruturas técnicas, obrigaremos ao operador da mina, Vattenfall, a suspender as súas operacións normais. PDF – Acordo de acción
Estamos a elaborar unha liña en contra de máis minería e queima de carbón, unha das maiores causas do cambio climático e os seus dramáticos impactos. Tendo en conta a urxencia da cuestión do clima, consideramos que é necesario e oportuno dar un paso máis aló – da protesta pública á desobediencia civil.
A forma de actuación que eliximos é un bloqueo masivo anunciado publicamente, o que permitirá múltiples opcións para a participación. Baséase no éxito da ocupación dunha mina ao descuberto durante o verán de 2015, na rexión de Renania. Calquera persoa que desexe participar debería ser capaz, independentemente de se ten experiencia en protestas similares ou non: algún/has activistas descenderán ao foxo para bloquear escavadoras e demais infraestrutura técnica, outros/as bloquearán a subministración de carbón á central. Outros/as van protestar preto do bordo do foxo. Ademais, haberá unha manifestación oficial, animada e colorida durante esa fin de semana que permitirá a todos/as os/as que desexen protestar, facelo legalmente.
Levaremos ao bloqueo sacos de palla, escuma e colchóns inchables, polo que podemos facer que sexa o máis cómodo posible. Usando unha variedade de bandeiras, obxectos simbólicos e cartaces imos chamar a atención sobre os múltiples efectos destrutivos da minería e a queima de carbón. Por exemplo, os sinais de tráfico de pobos e cidades arrasadas destacan a destrución dos asentamentos e a cultura da minería do carbón, mentres que outros símbolos destacaranse para as persoas en diversas partes do mundo que foron forzadas a abandonar os seus países a causa do cambio climático. Haberá muíños de vento que representarán as alternativas á produción de enerxía procedente de combustibles fósiles, e mediante a plantación de flores e plantas no foxo, estamos a protestar contra a destrución de terras fértiles en detrimento da minería de carbón.
Comportarémonos dunha maneira tranquila e serena. Non seremos nós quen provoque a escalada. Non se porá ás persoas en perigo. Bloquearemos e ocuparemos cos nosos corpos, pero non imos destruír ou danar calquera maquinaria ou infraestrutura no proceso. Pasaremos a través ou ao redor dos cordóns e os obstáculos creados pola policía e os membros de seguridade da mina, e non imos responder á provocación. A nosa acción transmitirá unha imaxe de diversidade, creatividade e apertura. A nosa acción non está dirixida aos/ás traballadores/as de Vattenfall ou a policía. A seguridade dos/as activistas que participan, e dos/as traballadores/as da mina, será a nosa principal prioridade. Estaremos ben preparados/as para unha entrada segura aos escenarios de acción, por exemplo, o descenso ao foxo e o acceso ás cintas transportadoras.
Vimos dunha variedade de diferentes movementos sociais e partes do espectro político. Asumimos a responsabilidade común para o éxito desta acción. Durante a acción temos a intención de crear unha situación que sexa transparente para todos/as os/as participantes e na que apoiamos o benestar mutuo. Prepararémonos con formación antes do bloqueo. Solidarizámonos con todas as persoas que se resisten á destrución do noso clima por parte das centrais eléctricas de carbón e os efectos sociais e ecolóxicos da produción de enerxía procedente de combustibles fósiles. Opoñémonos firmemente a calquera intento de utilizar a resistencia á minería de carbón para lograr obxectivos reaccionarios ou nacionalistas.